Jose Ignación Sacristán Enciso
(Inspector de Trabajo y S.S.)
C/ Agustín de Bethencourt, 4
28003 -
MADRID
Teléfonos:
913631152
913631153
Fax: 913630678
Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social
FUNCIÓNS
- A organización, dirección, planificación, coordinación e execución da actuación e funcionamento
do sistema da Inspección de Traballo e Seguridade Social, atribuídas pola Lei 42/1997, do 14 de
novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social, os seus regulamentos de
desenvolvemento, así como por outras disposicións ou polos convenios de colaboración coas
comunidades autónomas.
- A representación e participación nos órganos de consulta, asesoramento e técnicos en organismos
nacionais e internacionais, en especial, os da Unión Europea, sen prexuízo das competencias da
Secretaría Xeral Técnica, así como nos programas de actuación de ámbito transnacional nos asuntos
relacionados coa Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- A realización de actuacións inspectoras de ámbito supraautonómico en materias de competencia
estatal, organismos da Administración xeral do Estado e entidades colaboradoras na xestión da
Seguridade Social.
- O impulso e a coordinación coas comunidades autónomas da actuación inspectora sobre as materias
que fosen obxecto de transferencia ou que puidesen encomendárselle á Inspección mediante convenios
de colaboración.
- A elaboración, en colaboración coas comunidades autónomas, de plans, programas e protocolos
para a actuación inspectora en relación co control do cumprimento da normativa de relacións
laborais e de seguridade e saúde laborais, así como o seguimento e avaliación dos resultados
alcanzados.
- A coordinación de actuacións con outros órganos do departamento e as relacións con outros
organismos da Administración xeral do Estado en relación coas materias indicadas na letra anterior,
en particular, nos programas de actuación para combater a sinistralidade laboral.
- A elaboración de plans, programas, accións, métodos de investigación e protocolos de actuación
para a detección e persecución de fraudes e incumprimentos en materia de seguridade social,
economía irregular e traballadores estranxeiros, así como en materia de bonificacións para a
contratación.
- A coordinación de actuacións con outros órganos administrativos con competencia en materia
inmigratoria, así como con entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social.
- A planificación e xestión dos recursos humanos do Sistema da Inspección en materia de
selección, distribución xeográfica e sectorial, e o deseño dos plans e programas de formación,
perfeccionamento e promoción profesional.
- A coordinación da relación institucional, en particular coas comunidades autónomas, a través
dos órganos consultivos e de traballo da Autoridade Central da Inspección.
- O establecemento, seguimento e control dos indicadores de eficiencia e eficacia da actuación
inspectora e a supervisión do funcionamento das distintas unidades mediante un procedemento de
auditoría interna.
- A asistencia técnica á actuación inspectora a través de instrucións, criterios técnicos e
consultas, en coordinación coas autoridades competentes por razón da materia.
- Sen prexuízo das competencias das Subdireccións Xerais dependentes da Subsecretaría,
a planificación e xestión dos medios materiais e económicos necesarios para o desenvolvemento
das funcións encomendadas ao Sistema da Inspección, así como a posta á disposición, actualización e
mantemento de equipos, aplicacións e conexións informáticas e a súa coordinación con outros órganos
do propio departamento ou da Administración xeral do Estado a cuxas bases de datos deba terse
acceso.
- A realización das tarefas de apoio para o funcionamento do Sistema da Inspección, así como as
derivadas das funcións de consulta e información sobre a actuación inspectora.
Cantas outras funcións lle atribúen a citada Lei ordenadora da Inspección de Traballo e
Seguridade Social e a restante normativa de aplicación.