Busca avanzada

Accesibilidade

A accesibilidade consiste no acceso á información sen limitación ningunha por razón de discapacidade ou minusvalía.

Deste xeito, no Ministerio de Empleo y Seguridad Social desenvolvemos este web a pensar naquelas persoas que poden ter problemas de oído, visión ou mobilidade, que poden ter dificultades de lectura ou comprensión, que non poden utilizar o teclado ou o rato ou poden ter un lector só de texto, unha pantalla pequena ou unha conexión lenta.

No convencemento de que a accesibilidade non é de interese unicamente para as persoas con discapacidade, senón que mellora o acceso ao web en xeral, este web foi pensada desde o punto de vista do usuario, minimizando os tempos de carga e potenciando a información textual fronte á utilización de imaxes.

Este espazo web pasou a validación TAW , que son as siglas de TEST DE ACCESIBILIDADE WEB . O TAW é unha ferramenta para a análise e a información do grao de accesibilidade que presentan os webs.

Todas as páxinas do web www.empleo.gob.es satisfán todos os puntos de verificación de prioridade 1 e 2 definidos nas Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 (WCAG 1.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C).

Datado 27/03/2006 a Fundación ONCE auditou o noso web certificando o cumprimento do Nivel AA de conformidade coas devanditas Directrices WCAG (Pautas de Accesibilidade ao Contido no Web) 1.0 del W3C-WAI.

O Ministerio ten o firme compromiso de estender o devandito nivel de accesibilidade a todos os webs dos Organismos e Unidades do Departamento. A información e estrutura contida nas decenas de miles de páxinas de todos estes webs que se foron creando, xa dende hai máis de dez anos nalgúns casos, fan que a súa modificación resulte un traballo imposíbel de realizar sobre a súa totalidade simultaneamente. Por iso, as medidas de accesibilidade iranse incorporando de xeito progresivo, no momento en que se proceda ao redeseño de cada páxina.

  • ¡Nivel de conformidade Dobre A
  • Valid XHTML 1.0 Transitional
  • ¡CSS Válido!
  • Technosite certifica a accesibilidade do sitio web do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Teclas de acceso rápido

Definíronse atallos de teclado para facilitar a navegación. As opcións ás que pode acceder mediante combinacións de teclas son as seguintes:

  • Ir ao contido (0)
  • Inicio (1)
  • Seguridade Social (2)
  • Inmigración e Emigración (3)
  • Emprego (4)
  • Saúde laboral e Inspección (5)
  • Ir ao menú Acceso temático (6)
  • Seleccionar idioma (7)
  • Ir ao Buscador (8)
  • Accesibilidade (9)

La combinación de teclas para utilizar los atajos de teclado depende de la versión de su navegador y del sistema operativo. Por favor, consulte la ayuda de ambos para hacer uso de los mismos.

Data da última verificación da accesibilidade: 20/10/2011. A cada páxina desta web accesibilidade será analizado antes da publicación en internet.

Pode contactar cos administradores desta web, enviando un correo electrónico ao enderezo: sgtic-web@meyss.es

  • Integración de inmigrantes para entidades locais
  • Programa Nacional de Reformas. Estratexia de Lisboa.
  • 060, para os cidadáns