O Boletín Oficial do Estado do día 2 de decembro de 2008, publicou a
Resolución
do 25 de novembro da Inspección de Traballo e Seguridade Social, sobre o Libro de Visitas
electrónicas.
Na devandita norma establécese, que todas aquelas empresas e traballadores autónomos que
deban dispor nos seus centros de traballo do Libro de Visitas da ITSS, poderán solicitar a
substitución da devandita obriga pola alta na aplicación informática do Libro de Visitas
electrónicas. Para obter a autorización, as empresas e traballadores autónomos deberán garantir que
cada centro de traballo, en que se substitúa o Libro convencional, conta con polo menos un
ordenador persoal con dispositivo de lector de trarjetas intelixentes con acceso habilitado, a
través de internet, á Aplicación do LVE. Nos apartados inferiores ofrécese toda a información
necesaria.
AVISO:
Indicar que polo momento, a Aplicación só está operativa nas seguintes Comunidades Autónomas:
GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, A RIOXA E NAVARRA.
Todas aquelas empresas ou traballadores autónomos interesados, deberán descargarse o sofware necesario (ver ligazóns en apartado Documentación)
Acceso aplicación LVe-ITSS:
Teléfono de información y correo electrónico: