A Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS), dependente da Subsecretaría de Traballo e Inmigración - de acordo co previsto na Lei 42/1997, do 14 de novembro, de ordenación da Inspección de Traballo e Seguridade Social e o seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro, así como na Orde ministerial do 12 de febreiro de 1998, é a organización administrativa responsable do servizo público de control e vixilancia do cumprimento das normas de orde social que inclúe os servizos de esixencia das responsabilidades administrativas pertinentes en que poidan incorrer empresas e traballadores así como o asesoramento e información a estes en materia laboral e de Seguridade Social (que poida suscitarse con ocasión do exercicio da acción inspectora).
Para a prestación dos servizos aos cidadáns, a ITSS conta con funcionarios de nivel técnico superior e habilitación nacional, pertencentes ao corpo superior de inspectores de traballo e de Seguridade Social, que realizan as súas funcións co mandato de estrito cumprimento dos principios de independencia técnica, obxectividade e imparcialidade prescritos nos convenios internacionais números 81 e 129 da Organización Internacional do Traballo. As funcións de inspección de apoio, colaboración e xestión, precisas para o exercicio do labor inspector, son desenvolvidas polos funcionarios do corpo de subinspectores de emprego e Seguridade Social, coa mesma habilitación nacional
A Dirección Xeral da ITSS asume como obxectivo básico do seu labor o impulso do cumprimento voluntario das obrigas laborais e de Seguridade Social de empresas e traballadores, desenvolvendo para iso tanto actuacións preventivas como correctoras ou sancionadoras, a través de requirimentos de cumprimento da normativa de orde social ou de disposicións relativas á seguridade e saúde dos traballadores, requirimentos de ingreso de cotas de Seguridade Social e conceptos asimilados, actas de infracción para a imposición de sancións de orde social e actas de liquidación e demais documentos liquidatorios de cotas de Seguridade Social.
En determinados procedementos laborais nos que a Inspección de Traballo participa (Expedientes de Regulación de Emprego, Comunicación de apertura de centros, etc...), terán a consideración de autoridades laborais competentes , os órganos que cada Comunidade Autónoma determine.
Servicios de vigilancia y exigencia del cumplimiento de las normas legales, reglamentarias y contenido normativo de los convenios colectivos.
Os ámbitos destes servizos veñen referidos ás seguintes materias:
Servizos de asistencia técnica.
Servizos de arbitraxe, conciliación e mediación.
En todo caso, para a realización de actuacións da ITSS, debe existir aceptación das partes afectadas polo conflito laboral ou a folga.
Actuacións inspectoras derivadas dos servizos prestados pola Inspección de Traballo e de Seguridade Social.