Centenario ITSS 1906-2006
100 anos ao servizo do cidadán

Con motivo do centenario
da Inspección de Traballo e Seguridade Social (01-03-2006), ofrécese esta información dedicada á
historia da institución e á súa relación co dereito social.
A Inspección de Traballo nace no noso país a principios do século XX como un dos froitos máis
importantes do Instituto de Reformas Sociais, e aprobouse a súa primeira norma reguladora mediante
o Real decreto do 1 de marzo de 1906. Dende tal data encoméndaselle a vixilancia do cumprimento da
incipiente lexislación social da época (Lei de accidentes de traballo do 30 de xaneiro de 1900, Lei
sobre traballo de mulleres e menores do 13 de marzo de 1900, Lei de descanso dominical do 3 de
marzo de 1904...). As funcións inspectoras son obxecto de regulación xa no ano 1909 e, logo da
creación do Ministerio de Traballo o 20 de maio de 1920, establécese unha inspección xeral de
carácter rexional, que se convertía en provincial coa reestruturación do devandito ministerio
efectuada no ano 1932.
Actos conmemorativos