Inspectora de trabajo en su puesto tendiendo la mano Ministerio de Empleo y Seguridad SocialInspecció de Treball i Seguretat Social Linea inferior de la cabecera

Contenido

Saltar Contenidos

Quen somos >  Organigrama >  Subsecretaría de Emprego e Seguridade Social
Pedro Llorente Cachorro
Fotografía Subsecretario

Pedro Llorente Cachorro
C/ Agustín de Bethencourt, 4
28003 - MADRID
Teléfonos:
913630042
913630043
Fax: 913630397

Subsecretaría de Emprego e Seguridade Social

A subsecretaría ten a representación ordinaria do ministerio e a dirección dos seus servizos comúns, así como o exercicio das atribucións a que se refire o artigo 15 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, e, en particular, o desempeño das seguintes funcións:
  • O apoio e asesoramento técnico ao titular do departamento na elaboración e aprobación dos plans de actuación do departamento.
  • O estudo dos distintos elementos organizativos do departamento e a dirección e realización dos proxectos organizativos de ámbito ministerial.A supervisión da fundamentación técnico-xurídica de todos os asuntos do ministerio e os seus organismos públicos, que se sometan á consideración da Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios e do Consello de Ministros.
  • A supervisión da fundamentación técnico-xurídica de todos os asuntos do ministerio e os seus organismos públicos que se sometan á consideración da Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios e do Consello de Ministros.
  • A coordinación e xestión dos recursos humanos, financeiros, tecnolóxicos e materiais do departamento.
  • A elaboración e tramitación dos proxectos de disposicións xerais, o asesoramento xurídico permanente aos responsables da xestión administrativa, a formulación das propostas de resolución dos recursos administrativos contra os actos e disposicións do departamento, así como as relacións cos órganos xurisdicionais.
  • O informe dos proxectos de normas doutros ministerios, coordinando as actuacións dentro do ministerio e cos demais departamentos que haxan de intervir no procedemento.
  • A coordinación da acción do departamento no exterior, a cooperación internacional, sen prexuízo das competencias do ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, e a coordinación das consellerías de Emprego e Seguridade Social no exterior, sen prexuízo da competencia das embaixadas ou misións diplomáticas españolas no estranxeiro e da dependencia directa dos titulares daquelas respecto do xefe de Misión Diplomática. (.../...)

ico_pdf RD 343/2012 - BOE 11-2-2012 (Art. 10)
ico_pdf  Orden ESS 619/2012 Delegación competencias ámbito MEySS (BOE 28-3-2012). Corr. errores (BOE 27-4-2012)
Icono Internet Explorer  Breves notas biográficas -Subsecretario-