Inspectora de trabajo en su puesto tendiendo la mano Ministerio de Empleo y Seguridad SocialInspecció de Treball i Seguretat Social Linea inferior de la cabecera

Contenido

Saltar Contenidos

Traballa connosco >  Que ofrecemos
Que ofrecemos

O nacemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social ten lugar de forma necesariamente paralela ao xurdimento do dereito do traballo. A efectividade das normas laborais non sería tal sen a existencia dun órgano técnico e imparcial que vixíe o seu cumprimento. Deste modo, o carácter protector das normas laborais traspasa a súa vertente ética e filosófica para impoñerse como unha disciplina social obrigatoria. E nesta tarefa, eminentemente social, tivo moito que ver a Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Cen anos contemplan a historia desta institución en España. Cen anos nos que sobreviviu como necesaria e indiscutible resistindo o devir dos réximes políticos. Cen anos nos que, sen dúbida, contribuíu á mellora das condicións de vida e traballo dos traballadores españois e das súas familias.

Parece indiscutible a súa existencia nun Estado social, e así o avalan normas nacionais e internacionais. Os/as inspectores/as de Traballo e Seguridade Social e os/as subinspectores/as de Emprego e Seguridade Social caracterízanse por estar en permanente contacto coa realidade económica e social do noso país. A súa actividade efectúase basicamente en contacto directo coas empresas e centros de traballo, empresarios e traballadores. Unhas veces en asuntos de gran relevo; outras, atendendo as demandas que afectan a un só traballador; e sempre, contribuíndo a que os principios de igualdade e xustiza se atopen cada vez máis presentes no ámbito da relación laboral.

Ver: Icono PDF Nota informativa - CONVOCATORIAS 2011 (4-7-2011)

INGRESO NO SISTEMA DE INSPECCIÓN               - Ver enlace a Escola de Inspección de Traballo e S.S -

* Inspectores de Traballo: Para poder acceder o Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social, esíxese estar en posesión do Título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grado e superar, mediante oposición (para convocatoria libre), un proceso selectivo de carácter nacional que consta de catro exercicios, todos eles eliminatorios, un deles de idiomas, máis un curso selectivo. Dos catro exercicios, tres son exames escritos e un oral en sesión pública. (Ver convocatoria actual) / (Convocatorias anteriores). Ver apartado Convocatorias- Ver información BECAS: Acceso Libre - Promoción Interna)

Logo da superación da fase de oposición, os aspirantes son nomeados inspectores de Traballo en prácticas, debendo superar, así mesmo, un curso de formación de duración variable, con prácticas en inspeccións provinciais baixo a supervisión dun inspector-titor.

* Subinspectores de Emprego: pola súa vez, para o acceso ao devandito corpo, esíxese estar en posesión ou en condicións de obter o título de diplomado universitario, enxeñeiro ou arquitecto técnico o Grado, debendo superar un proceso selectivo que consta de dúas partes: oposición e curso selectivo. A fase de oposición constará de tres exercicios escritos (sen lectura posterior). Unha vez superados estes, os opositores participarán nun curso selectivo cuxa duración terá un máximo de dous meses. (ver convocatoria actualVer información BECAS: Acceso Libre - Promoción Interna)

Con posterioridade ao ingreso, os inspectores e subinspectores asisten a cursos de actualización, especialización ou reciclaxe. Ver información promocións Inspección 2000-2010

PRAZAS CONVOCADAS NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO
 
Ano Inspectores de Traballo
e Seguridade Social
Subinspectores de Emprego
e Seguridade Social
2000 30 15
2001 30 15
2002 36 15
2003 46 20
2004 41 (+3)* 27
2005 40 (+15)* 35 (+10)*
2006 60 (+10)* 45 (+5)*
2007 65 (+10)* 45 (+5)*
2008 120 (+10 +70)* 45 (+5)*
2009 100 (+43)* 55 (+5)*
2011 20 (+8)* 20 (+2)*
2012 9 (+8)*  
2013 10 (+3)* 24 (+2)*

Nos documentos que se ofrecen a continuación pódese obter información relativa ás Ofertas de Emprego Público anuais:

Icono PDF Oferta de Empleo Público -Admón. General del Estado- 2013 (BOE 23-3-2013)
Icono PDF Oferta de Empleo Público -Admón. General del Estado- 2012 (BOE 29-12-2012)
Icono PDF "Letra de Inicio" procesos selectivos A.G.E. (BOE 12-3-2012)
Icono PDF Oferta de Empleo Público -Admón. General del Estado- 2011 (BOE 1-3-2011). Corr. err. (BOE 13-4-2011)
Icono PDF Oferta de Empleo Público -Admón. General del Estado- 2010 (BOE 1-4-2010)
Icono PDF Oferta de Empleo Público -Admón. General del Estado- 2009 (BOE 3-3-2009) (Correc. Errores BOE 22-4-2009 y BOE 6-6-2009)
Icono PDF Oferta de Empleo Público -Admón. General del Estado- 2008 (BOE 30-1-2008) (Correc. Errores BOE 31-1-2008)
Icono PDF Bases comunes Procesos selectivos (Orden 3416/2007 BOE 27-11-2007)

* Prazas para promoción interna