Inspectora de trabajo en su puesto tendiendo la mano Ministerio de Empleo y Seguridad SocialInspecció de Treball i Seguretat Social Linea inferior de la cabecera

Contenido

Saltar Contenidos

Aviso Legal

A Inspección de Traballo creou esta web con carácter informativo e co obxecto de lle facilitar ao público en xeral a información relativa ás súas iniciativas. En ningún caso pretende ofrecer asesoramento profesional ou xurídico. En caso de que se requira a asistencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, deberá dirixirse ás inspeccións provinciais.

A Inspección de Traballo e Seguridade Social reserva para si a facultade de efectuar, sempre que sexa necesario e sen necesidade de aviso previo, todas as modificacións e actualizacións da información contida na súa web tanto na súa versión en español coma en calquera idioma cooficial, da configuración e presentación deste e das condicións de acceso.

A Inspección de Traballo e Seguridade Social non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á súa web nin nos seus diferentes contidos. Tampouco garante que este se atope sempre e en todos os casos actualizado, aínda que fará todo o posible para emendar os erros técnicos e velará pola actualidade e exactitude dos seus contidos. Así mesmo, tampouco se responsabiliza dos contidos que terceiras partes incluísen nos hipervínculos aos que se fai referencia nesta páxina.

Debe de terse en conta que non se pode garantir que un documento dispoñible en liña reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente. Así pois, unicamente se consideran auténticos os textos legais publicados nas edicións impresas do Boletín Oficial do Estado (BOE) ou do Diario Oficial da Unión Europea.

A Inspección de Traballo e Seguridade Social non se fai responsable de ningún dano ou prexuízo no software ou hardware do usuario que se derive do acceso á súa páxina web ou do uso de información nela contidas.

A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto limitar a responsabilidade da Inspección de Traballo e Seguridade Social de forma contraria ao disposto pola normativa nacional aplicable, nin excluír a súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude da devanditas normativas, non poida excluírse.